¡Ola a tod@s!
Desde a ANPA, dámosvos a benvida ao noso espacio virtual, lugar de encontro e información online.
Como cada comezo de curso poñemosnos a traballar a maquinaria para participar na educación dos nos@s fill@s levando a cabo actividades e iniciativas que contribúan ó seu desenvolvemento persoal e a unha maior
calidade do seu ensino.
A ANPA do Colexio é unha asociación sen ánimo de lucro, formada por nais e pais voluntarios dispostos a botar unha man para que isto sexa unha realidade. E por iso desexamos contar contigo tamén, porque xuntos… ¡¡somos máis!!
Queremos compartir experiencias e ter en conta todas as opinións para que tod@s nos sintamos representados formando parte da comunidade escolar.
En breve teredes noticias de todas as actividades e eventos a desenvolver, nas que agardamos contar con todos vós. Mentres, tedes esta plataforma informativa na que podedes ver as novidades que propoñemos para este curso, así como o programa de actividades que se vai levar adiante.
ANPA Julia Becerra Malvar