Estimad@s nais e país de alumn@s usuari@s do Comedor Escolar, informámosvos de que de cara a este novo curso escolar vanse a poñer en marcha diferentes iniciativas das que queremos facervos coñecedores e partícipes:
- O horario do comedor escolar é de 14:30 a 16:30
- A recollida d@s rapaces/zas no comedor escolar deberá facerse a pé agás nos días de choiva.
As cancelas permanecerán arrimadas para que os nen@s poidan xogar no recinto os días que non chova accedendo as nais e os pais ó comedor para recollel@s, camiñando.
Os días de choiva, as cancelas estarán abertas e o circuíto único de circulación, para evitar atascos será de ENTRADA pola parte traseira do comedor e SAÍDA pola cancela de diante.
- Vaise a levar a cabo unha campaña de recollida de xogos de mesa, puzzles, libros de contos e material para colorear e facer manualidades (Xoguetes non) para a que precisamos a vosa colaboración.
Durante as próximas semanas agradecemos todas aquelas cousiñas que queirades doar para que os nos@s nen@s xoguen e se entreteñan despois de comer. (Estamos buscando tamén unha tele para colocar no comedor J).
- Para inculcar @s peques o hábito de lavar os dentes despois da comida, informámosvos de que poden traer cepillo e pasta dental. As profes do comedor axudarán @s mais cativos.
Tamén comunicarvos que os menús correspondentes a cada mes do curso escolar estarán publicados na sección COMEDOR ESCOLAR deste blog, facendo click no apartado da cabeceira co mesmo nome. Para visualizalo facede click AQUÍ.