Estimad@s nais e pais de alumn@s de infantil, co inicio do mes de outubro comezan tamén as actividades extraescolares.
Aquí vos deixamos o calendario cos días, horarios e lugares nos que se desenvolverán.
Queremos agradecervos a acollida da proposta de extraescolares e animarvos a sumarvos ós grupos.
Estades a tempo. Xuntos somos máis!!!!
Zumba: Inicio: Luns 6 de outubro. Lugar: Ximnasio do Colexio.
Prezo: 12€ nen@s e maiores/mes
- Se un dos pais está en situación de desemprego faráselle un desconto por participante nesta actividade
- FAMILIA NUMEROSA: farase un desconto de 4 € en por cada irmán/irmá
- En caso de ser soamente dous irmáns o segundo irmán/irmá tamén terá un desconto de 2€ nesta actividade
Piscina: Inicio: Martes, 7 de outubro. Lugar: Piscina Municipal de Cambados.
Prezo: 28,50 € nen@/trimestre. Realizarase un único pago anual no mes de outubro por importe de 85,50 €/nen@
Ximnasia rítmica: Inicio: Mércores, 1 de outubro. Lugar: Ximnasio do Colexio.
Prezo: 12 € nen@/mes
Cociña: Lugar: Plan Madruga/ Escola de Ocio.
Prezo: 13€ nen@/4 clases.
Se un dos pais está en situación de desemprego faráselle un desconto por participante nesta actividade
- FAMILIA NUMEROSA: farase un desconto de 4 € en por cada irmán/irmá
- En caso de ser soamente dous irmáns o segundo irmán/irmá tamén terá un desconto de 2€ nesta actividade
* Inglés Alpha English: Non se completaron os grupos
* Capoeira: Non se completaron os grupos
Información e contacto:
Telef. 665 872 360. Email: julia.becerra@nontedurmas.org
Recordarvos que tódalas actualizacións respecto ós cursos estarán publicadas no novo apartado deste blog ACTIVIDADES, facendo click AQUÍ.
ANPA Julia Becerra Malvar