Estimad@s nais e pais de alumn@s, tal e como adiantamos no programa de actividades que vos presentamos para o primeiro trimestre, estamos organizando unha charla informativa coa nutricionista do Catering Arelas, a empresa que presta no noso cole o servizo de comedor escolar.
Neste encontro teremos a oportunidade de coñecer os criterios que se siguen para a elaboración dos menús que se sirven no comedor, o xeito de cociñalos así como de plantexar as nosas dúbidas a persoa responsable da súa preparación.
Por tratarse dunha actividade demandada por moitas nais e pais, agardamos contar con tod@s vos.
Día: Venres, 7 de novembro
Hora: 18:30
Lugar: Comedor Escolar