Estimad@s nais e pais de alumn@s, o ANPA en colaboración coa dirección do centro ponse en marcha un ciclo de charlas e obradoiros para @s alumn@s, cos que se quere inculcar hábitos de vida saudables e reforzar a súa autoestima.
Dentro das actividades programadas para este curso escolar e como complemento á tarefa educativa do personal docente do centro, a Asociación de Nais e Pais do CPI Julia Becerra Malvar iniciou esta actividade o pasado luns 24 de novembro ás 16:00 horas, da man da Nutricionista Lorena Álvarez Padín baixo o título “Alimentación Saudable, Nutrición e Autoestima na adolescencia”.
Esta foi a primeira actividade dunha ampla programación na que se quere implicar a toda a comunidade escolar, alumn@s, pais, nais e aos propios mestres como actores directos e próximos nas relacións diarias e no trato cos nen@s.
A través de videos e dunha comprometida participación, @s chic@s e a docente conversaron sobre as vantaxes dunha boa alimentación, as transformacións que se producen na imaxe corporal a través do tempo, os trastornos alimentarios e os coidados para unha vida sana.
O propósito da actividade é educar aos estudantes, sobre os trastornos da conducta alimentaria, facendo fincapé na importancia da saúde psicolóxica para previlos, e incentivar por riba de todo a autoestima e o auto coidado.