Estimad@s nais e pais de alumn@s, o pasado 7 de novembro visitounos Anabel Fernández Escudero, Nutricionista do Catering Arelas e persoa encargada do deseño e planificación dos menús que se serven no comedor do noso centro.
Os asistentes, tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man os criterios e normas que rexen o deseño dos menús, a importancia da composición dos alimentos e da alimentación escolar así como pautas moi importantes para contribuír a que os nos@s nen@s teñan unha alimentación saudable.
Para tod@s aqueles/as que non puidechedes asistir, deixámosvos unha serie de consellos e recomendacións moi interesantes, así como o menú do mes de decembro e a proposta para as ceas, co obxectivo sempre de contar cun menú equilibrado.
Podedes descargar os CONSELLOS DE NUTRICIÓN facendo click AQUÍ