Estimad@s nai e pais de alumn@s,
Poñémonos en contacto con vos para informarvos de que ata o 30 de xaneiro está aberto un novo prazo de inscripción de soci@s para aquelas familias que queiran formar parte da ANPA.
As persoas interesadas deberán facer o ingreso da cota anual no número de conta 2080 5014 14 3007050248 de ABANCA. O xustificante bancario do ingreso deberá depositarse grampando á parte recortable deste folleto informativo na caixa de correo da ANPA.
O importe da cota da ANPA para o curso 2014–2015 é progresivo:
A ANPA regalará a cada nov@ soci@ unha camiseta do equipamento deportivo do uniforme escolar
Actividades extraescolares curso 2014-2015
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | SÁBADO |
Zumba
Infantil e Primaria 16:30 a 17:30 Alumn@s ESO e Nais e Pais de alumn@s: 20:30 a 21:30 |
Piscina
17:45 a 18:30 |
Ximnasia Rítmica 16:00 a 17:30 (único grupo)
|
Cociña
11:00 a 12:30 |
Zumba: Lugar: Ximnasio do Colexio. Prezo: 12€ nen@s e maiores/mes
Piscina: Lugar: Piscina Municipal de Cambados.
Ximnasia rítmica: Lugar: Ximnasio do Colexio. Prezo: 12 € nen@/mes
Cociña: Lugar: Plan Madruga. Prezo:13€ nen@/4 clases.
Novas Actividades Extraescolares
Estanse organizando grupos para poñer en marcha as seguintes actividades:
Para máis información as persoas interesadas deben poñerse en contacto telefónico coa ANPA.
Entroido
Estase organizando un grupo para participar nos desfiles e concursos de disfraces do Entroido.
Trátase, igual que se fixo no Nadal, dunha actividade de conciliación pensada para que poidan tomar parte nais, país e fill@s fomentando así a convivencia no tempo de lecer.
Convócase a todas aquelas persoas interesadas en tomar parte nesta a ctividade a unha reunión explicativa o vindeiro venres 23 de xaneiro ás 21:00h no comedor escolar.
Anímate, queremos contar con vos!!!!
Xuntos podemos achegarlle máis á comunidade escolar. Faite socio da ANPA!!