A ANPA do cole está que non para. Mentres poñemos todo a punto para a participación nos diferentes concursos de disfraces e desfiles do Entroido, esta fin de semana pasada estivemos tod@s xunt@s de excursión na Estación de Montaña de Manzaneda.
Esta semana estamos organizando unha chocolatada para todolos nenos e nenas do cole. Será o vindeiro venres 13 de febreiro, día no que o centro ten programadas as actividades de Entroido, na hora do recreo.
Para isto precisamos da colaboración daquelas nais e pais que poidan votar unha man no reparto das tazas de chocolate quentiño.
Unha vez máis, queremos facernos partícipes da actividade escolar d@s nos@s fill@s.
Moitas grazas!!