Desde a ANPA estamos organizando unha Xornada de Convivencia Familiar e de Contacto coa Natureza na «Ruta da Pedra e da Auga». Será o vindeiro domingo, 10 de maio.
Coa chegada da primavera e antes das probas de fin de curso, desde a ANPA propoñemos esta actividade co obxectivo de fomentar a convivencia entre nais, país e fill@s durante o tempo de lecer por iso deseñamos o seguinte programa con actividades e vos animamos a participar!!!!:
11:30. Rotonda do Carballal (a da subida á Armenteira desde Ribadumia).
Punto de encontro e saída camiñando pola “Ruta da Pedra e da Auga”.
12:30 – 14:00. Actividades de mañá para os mais cativos no entorno da Taberna da Aldea
Haberá un hinchable e dous Monitores de Tempo Libre facendo xogos e dinámicas de grupo.
14:00. Comida familiar na Área de esparcemento da Aldea Labrega
A comida será libre polo que cada familia deberá encargarse da súa
16:00 a 18:30. Actividades de tarde para os nen@s no entorno da Taberna da Aldea
4 Monitores de Tempo Libre organizarán obradoiros de maquillaxe, manualidades e xogos predeportivos; Haberá 20 xogos tradicionais feitos en madeira para pasar a tarde en familia e tamén animación musical con altavoces e organización coreografías.
Esta actividade está dirixida @s soci@s da ANPA do cole por tratarse dunha iniciativa organizada e promovida desde a Asociación de Nais e Pais de alumn@s e será gratuíta para tod@s @s participantes.
Repartiranse pañuelos identificativos para o grupo na saída e tickets para helados para @s nen@s despois das actividades da tarde.
As persoas interesadas en participar deberán depositar a ficha de inscrición na caixa de correo da ANPA antes do venres 8 de maio.
DESCARGA A FICHA DE INSCRICIÓN.