Aquí vos deixamos algunas fotos da xornada familiar que a ANPA do Julia Becerra Malvar organizou o pasado domingo na Ruta da Pedra e da Auga.
Os nenos e nenas pasárono moi ben e os non tan cativos, tamén desfrutamos dun día moi agradable. Tivemos a sorte de que o tempo estivo fantástico e permiteunos levar a cabo tódalas actividades que tiñamos programadas.
Unha vez máis queremos agradecer a participación de tódalas familias que tomaron parte nesta xornada así como a súa implicación. Así é un gusto organizar cousas.
A ANPA SOMOS TODOS!!!!