CONVOCATORIA ASEMBLEA FIN DE CURSO 2014/2015

Estimad@s nais e pais de soci@s da ANPA do CPI Julia Becerra Malvar, convocámosvos á Asemblea Xeral Ordinaria de Fin de Curso.

Para intercambiar impresións e poder ter en conta as diferentes opinións e suxerencias, agardamos contar coa vosa participación porque…..a ANPA somos TOD@S!

Lugar: Ximnasio do Colexio

Día: Venres, 29 de Maio

Hora: 20:30h en primeira convocatoria e 21:00h en segunda

Trataranse os seguintes asuntos dentro da ORDE DO DIA:

  1. Aprobación do Estado de contas
  2. Actuacións levadas a cabo
  3. Cambio do horario escolar para o curso 2015/2016
  4. Renovación de membros da xunta directiva
  5. Excursión de fin de curso

Como se ven facendo tradicionalmente nos últimos anos, levarase a cabo na fin de semana na que rematan as clases (20 e 21 de xuño). A actividade de fin de curso que a ANPA organiza este ano será unha FIN DE SEMANA DE CONVIVENCIA NO CENTRO DE OCIO E TEMPO LIBRE CAMPING PLAYA PAISAXE II (SAN VICENTE DO GROVE) e o programa de actividades será o seguinte:

SÁBADO, 20 DE XUÑO

11.00 h – Hora de chegada. Benvida ó grupo e montaxe das tendas de campaña.

12.30 h – Actividades para @s nen@s na piscina e jacuzzis despois/mentres se montan as tendas.

14.00 h – Comida no comedor do Camping.

16.30 h – Actividades e xogos de pistas, piratas, obradoiros dirixidos, Gran Gymkana…

18.00 h – Merenda

18.30 h – Xogos de grupos e por equipos nas pistas deportivas e piscina

21.00 h – Cea no comedor do Camping.

22.30 h – Gran xogo Nocturno para pais e nen@s. Festa……

DOMINGO 21 DE XUÑO

09.30 h – Almorzo no comedor do Camping.

10.30 h – Nais, pais e nen@s levarán a cabo xogos de Orientación, Rastrexo ou algunha Ruta Natural polo entorno

12.30 h – Actividades e xogos para tod@s  na piscina/praia

14.00 h – Comida no comedor do Camping.

16.30 h – Actividades de lecer como Puzzles, Misión Imposible… e o último gran xogo de despedida da fin de semana no Camping

18.00 h – Merenda

19.00 h – Saída ó longo da tarde.

EXISTEN DÚAS MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN:

1. TODO INCLUÍDO: Aloxamento en tendas de campaña (cada un deberá levar a súa cunha media de 3-4 persoas por tenda + coche), manutención (comida, merenda nen@s e cea do sábado e, almorzo, comida e merenda nen@s do domingo). A electricidade está incluída (ademais da iluminación do camping poderán poñerse focos e/ou enchufar aparellos sen coste).

Prezo:   20€/persoa, maiores e pequenos

(O custo da estancia é de 33€/persoa. 13€ pagaraos a ANPA e 20€ cada participante)

2. SEN PERNOCTA: Incluiría todo o anterior menos a pernocta. As persoas que participen nesta modalidade non estarían aloxadas pero igualmente pasarían ambos días no camping compartindo todas as actividades programadas co grupo.

Prezo: 15€/ persoa, maiores e pequenos

(O prezo real é de 25€/persoa. 10€ pagaraos a ANPA e 15€ cada participante)

As persoas interesadas en participar na FIN DE SEMANA DE CONVIVENCIA NO CENTRO DE OCIO E TEMPO LIBRE CAMPING PLAYA PAISAXE II (SAN VICENTE DO GROVE)  deberán facer o ingreso do importe correspondente no número de conta da ANPA 2080 5014 14 3007050248 de ABANCA e depositar o xustificante bancario do ingreso grampando á ficha de inscrición desta nota na caixa de correo da ANPA  antes do venres 5 de xuño.

DESCARGA AQUÍ A FICHA DE INSCRICIÓN

Queremos despedir o curso compartindo unha fin de semana divertida en familia polo que  agardamos contar con todos vos!!!

Anuncio publicitario

Deixa o teu comentario, grazas!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s