BANCO DE LIBROS

Desde a dirección do noso colexio, pedíronnos dar difusión sobre o Banco de Libros que se vai crear no noso colexio. A continuación tedes toda a información:

A partires do vindeiro curso 2015/2016, a Consellería ofrece dúas liñas de acción para garanti-la GRATUIDADE de libros de texto, dependendo do curso que se vaia a cursar:

1.- CHEQUES para a compra de libros.

Só para o alumnado que vaia a cursar 1º, 2º, 4º, 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA e o alumnado que curse 1º, 3º de ENSINO SECUNDARIO no curso 2015/2016.

PRESENTACIÓN de SOLICITUDES :
Para PRIMARIA: do 2 de xuño ao 2 de xullo 2015.
Para ESO : do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015.

2.- FONDO SOLIDARIO de libros.

Para o alumnado que vaia cursar 3º, 5º de PRIMARIA e 2º, 4º de SECUNDARIA no vindeiro curso 2015/2016.

PRESENTACIÓN de SOLICITUDES : do 2 de xuño ao 30 de xuño de 2015

OLLO ! O ALUMNADO QUE TIVO CHEQUE PARA COMPRAR OS LIBROS ESTE CURSO 2014/2015 DEBE DEVOLVER OS LIBROS MERCADOS COA AXUDA OBRIGATORIAMENTE EN BO ESTADO (EN CASO CONTRARIO, MERCARASE UN LIBRO NOVO ), DE NON SER ASÍ NON RECIBIRÁ NINGÚN TIPO DE AXUDA PARA O VINDEIRO CURSO 2015/2016 E DEBERÁ DEVOLVER A CUANTÍA RECIBIDA NO SEU DÍA.
A DATA LÍMITE SERÁ O 19 DE XUÑO ( PRIMARIA E APROBADOS ESO) E 4 DE SETEMBRO ( ALUMNADO SUSPENSO DE ESO ).

PROCEDEMENTO PARA A ADXUDICACIÓN DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

Co fín de que o alumnado saiba que libros debe devolver ( os mercados co cheque ) a administración mandou un listado completo de todos/as sinalando os libros concretos. O profesorado dará a coñecer a cada alumno/a nas aulas o material a devolver para cada un. A maiores, estas listas serán publicadas na nosa páxina, blogue e blogue da ANPA, así como nos taboleiros do colexio para total información das familias.

RECORDO QUE DEBEN ESTAR EN BO ESTADO, EN CASO CONTRARIO SÓ SE ACEPTARÁ UN EXEMPLAR NOVO.

O material recollido será entregado aos novos usuarios de PRIMARIA durante os días 22 e 23 de xullo en horario de mañán de 9:30 á 13:00 e aos usuarios de SECUNDARIA durante os días 16 e 17 de setembro nas súas aulas.
De novo a administración dotará aos centros de información oportuna para que a cada alumno/a se lle dote dos libros aos que ten dereito atendendo rigurosamente á RENDA de cada familia.

Anuncio publicitario
Esta entrada fue publicada en NOVAS.

Deixa o teu comentario, grazas!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s