Ola a tod@s!
Desde a ANPA, esperando que tiverades unhas boas vacacións, dámosvos a benvida a este novo curso escolar 2015 – 2016.
Como cada comezo de curso poñemos a traballar a maquinaria para participar na educación dos nos@s fill@s levando a cabo actividades e iniciativas que contribúan ó seu desenvolvemento persoal e a unha maior calidade do seu ensino.
A ANPA do Colexio é unha asociación sen ánimo de lucro, formada por nais e pais coma ti, dispostos a botar unha man para que isto sexa unha realidade.
Por iso desexamos contar contigo tamén, porque xuntos… somos máis!!
Queremos compartir experiencias e ter en conta todas as opinións para que tod@s nos sintamos representados formando parte da comunidade escolar.
Xunto con esta comunicación achegámosvos a FICHA DE INSCRICIÓN para o curso 2015/2016. O prazo de inscripción de soci@s é ata o 15 de outubro.
Todas as nais e pais interesad@s poiden facer o ingreso da cota anual no número de conta 2080 5014 14 3007050248 de ABANCA.
O IMPORTE da cota da ANPA para o curso 2015–2016 é o mesmo que o curso pasado: 1 fillo no centro: 20 € – 2 fillos no centro: 25 € – 3 fillos no centro: 30 €.
Nos vindeiros días enviarémosvos unha nova comunicación para convocarvos a Asemblea de inicio de curso que servirá como presentación e na que agardamos contar con todos vós. Ata entón, aproveitamos esta comunicación para desexarvos un bo inicio de curso.
DESCARGA A FICHA INSCRICION AQUÍ
Xuntos podemos achegarlle máis á comunidade escolar.
Faite socio da ANPA!!