Con motivo da Asemblea Xeral Ordinaria de Inicio de Curso, convocámosvos o Venres, 02 de Outubro, no Comedor Escolar ás 21:00 horas.
ORDE DO DÍA
1.- Proposta de programación de actividades e iniciativas a levar a cabo durante o curso escolar 2015/2016
2.- Seguro escolar de accidentes e coberturas.
3.- Estado das obras que se están levan do a cabo no colexio
4.- Campaña de captación de soci@s para o curso 2015/2016.
Promoción Blog da ANPA e difusión do perfil de Facebook
https://anpajuliabecerra.wordpress.com – https://www.facebook.com/pages/ANPA-Julia-Becerra-Malvar/
5.- Estado de contas, solicitude de axudas e financiamento das actividades promovidas pola ANPA
6.- Días de recollida de notas no curso 2015/2016
7.- As comunicacións e convocatorias da ANPA faranse na medida do posible a través do Email, whatsapp e por medio de comunicados no taboleiro de anuncios do colexio. Ás familias informaráselle a través das oportunas anotacións que se lle pida @s alumn@s que fagan na axenda escolar.
8.- Renovación da Xunta Directiva
9.- Rogos e preguntas
Esperámosvos!