Fai unhas semanas o noso colexio decidiu introducir unha aplicación móbil que pretende manter permanentemente conectados a mestres e centros educativos cos pais e alumnos. O desenvolvemento das novas tecnoloxías, introdúcese como novidade para conseguir que todos os sectores involucrados intercambien información constantemente mediante mensaxes instantáneos, a modo de envío de circulares ou comunicados como se fai ate agora en papel.
As posibilidades da aplicación Tokapp School, son coñecer inmediatamente se os alumnos faltaron a clase, se hay previstas actividades para un determinado día ou se se produxo algún troco de interés no funcionamento do centro. Pola súa parte, os colexios e docentes tenrán a seguridade de que estas comunicacións son recibidas polas nais e pais dos alumnos, coñecendo incluso a data e hora exactas nas que as leron.

Unha das grandes diferencias de TokApp School respecto a outros servizos de mensaxería instantánea é que as súas comunicacións teñen a mesma validez legal que un burofax. Do mesmo modo, a app garantiza a privacidade dos datos personais, de modo que non se visualiza ningún número de teléfono, ademais de que as respostas a unha mensaxe só poden ser lidas polo autor de dita mensaxe.
A ferramenta permite incluir nas conversacións fotografías, vídeos, documentos pdf e outros moitos arquivos, así como programar o seu envío a unha determinada hora e dende calquer lugar (algo especialmente útil para os mestres). Ademais, a plataforma pon a disposición dos pais un bo número de ofertas en servizos educativos, como librarías, logopedas ou academias de ensino.
La descarga de TokApp School é gratuita, baixo licencia de uso para centros educativos. Actualmente está dispoñible para as plataformas móbiles Android, iOS e Windows Phone.