Igual que o ano pasado estamos organizando a participación da ANPA na Cabalgata de Reis e para iso convocámosvos a todas as persoas interesadas en tomar parte nesta actividade a unha reunión informativa o vindeiro mércores, 16 de decembro ás 21h no Comedor Escolar.
Desde a ANPA queremos fomentar a convivencia entre nais, país e fill@s por iso TODOS os nen@s que queiran participar nesta actividade deberán facelo acompañados por un adulto.
Como o ano pasado faremos un disfraz común para todos, prepararemos unha carroza e ensaiaremos coreografías para tomar parte na Cabalgata do día 5 de xaneiro.
Prazo límite de inscrición: Mércores, 16 de decembro
(As solicitudes de participación deberán depositarse cubertas no buzón da ANPA)
Solicitamos a axuda e colaboración de nais e pais voluntarios para a elaboración da carroza coa que tomaremos parte no concurso da Cabalgata de Reis.
Podedes DESCARGAR AQUÍ a FICHA DE INSCRIPCIÓN
Porque a ANPA somos todos!!!