O Concello de Ribadumia organiza unha charla de «Prevención de drogas dende a familia. Pautas, factores de risco e protección» que será impartida pola psicóloga do SPAD de Vilagarcía, Ángeles Bravo Pombo.
A charla vai dirixida a pais e nais e terá lugar o xoves 4 de febreiro ás 20:00 horas no Centro Social de Barrantes.
Tendo en conta que a media no consumo de alcol e drogas está ao redor dos 14 anos, é moi importante que os pais e nais conten coas ferramentas necesarias para saber cómo actuar ante esta problemáica, xa que o papel da familia é fundamental e é na familia onde se adquiren os hábitos e comportamentos que influirán no futuro dos nosos fillos/as.
Se estás interesado/a en asistir é necesaria PREVIA INSCRICIÓN nos Servizos Sociais do Concello ou no 986718491 antes do día 4.