O Concello de Ribadumia organiza, coa colaboración da nosa ANPA, unha charla sobre «O Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDHA), ¿Que é? ¿Como afrontalo?” impartida polo psicólogo da Asociación de Nenos/as con Hiperactividade e/ou Déficit de Atención (ANHIDA) Vigo, César Álvarez Vázquez, e dirixida a nais e pais.
O trastorno por déficit de atención con o sen hiperactividade (TDAH) é un trastorno que se inicia na infancia e caracterízase por dificultades para manter a atención, hiperactividade ou exceso de movemento e impulsividade ou dificultades no control dos impulsos.
A charla terá lugar o MARTES 8 DE MARZO ás 19:30 horas no Centro Social de Barrantes.
É precisa a PREVIA INSCRICIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO OU NOS TELÉFONOS 986719491/986718499.
Debido ao carácter importante que teñen este tipo de actividades, dende o noso colectivo nos gustaría adaptar a hora e o día das charlas. Para iso precisamos contar coa COLABORACIÓN dos pais e nais do centro para que aporten suxestións sobre o horario e os días máis favorables para que a vosa asistencia esté garantida e poder achegar estes temas de máxima actualidade a todos.
Esperamos as vosas propostas!