O pasado sábado 19 tivo lugar no comedor do noso colexio unha iniciativa moi orixinal nunha data moi especial: O DÍA DO PAI. A nosa asociación decidiu apostar porque os nosos nenos compartiran unha actividade creativa cos pais. Non só se pensou como apoio e axuda na realización do seu agasallo, senón que se tratou de fomentar unha mañá de convivencia entre pais e fixos disfrutando de unha tarefa en común.
O obxectivo era elaborar con material de reciclaxe como caixas de zapatos e redes de froitas e hortalizas, así como outros elementos totalmente accesibles, un futbolín. En moitos momentos os máis maiores volveron a súa infancia e os máis pequenos disfrutaron da compaña dos superpais. Ata tivemos tempo de disfrutar dunhas pachangas entre familias do máis animadas.
Feliz día do pai!