O Mércores día 22 de Xuño con motivo do fin de curso, imos celebrar unha FESTA para todos os nenos do colexio.
Desde a ANPA do CPI Julia Becerra Malvar coa colaboración de Protección Civil e do Umia C.F. levaremos a cabo a festa de fin de curso na entrada do colexio. O único requisito para asistir é levar un produto de hixiene ou un alimento non perecedoiro para doar a Asuntos Sociais do Concello de Ribadumia. O conseguido repartirase entre as familias máis necesitadas.
Dende as 17:00 ás 20:00 horas teremos inchables e animadores para os nenos. Tamén se repartira unha merenda para os nenos.
NON ESQUEZADES O BAÑADOR E A TOALLA, ¡¡¡HABERÁ SORPRESAS!!!