ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A ANPA colaborará e tomará parte activamente durante todo o curso 2016-2017 nas iniciativas que se poñan en marcha desde o Colexio fomentando deste xeito a participación das nais e pais na vida escolar e académica dos seus fill@s.

A intención da ANPA é dar continuidade á programación que se levou a cabo o curso pasado, realizando actividades como:

  • Charlas e obradoiros en colaboración cos profesores para @s alumn@s así como a posta en marcha dunha “Escola de Pais” xunto co equipo de orientación do colexio e cos Servizos Sociais do Concello.
  • Venta de Lotería de Nadal para recadar fondos para a ANPA .
  • Participar activamente nas actividades do centro como o magosto, o Entroido e outras celebracións
  • Organización dun grupo para tomar parte na Cabalgata de Reis.
  • Organización dunha excursión de fin de curso ao Camping Paisaxe II en San Vicente e unha festa de fin de curso con colchonetas, festa da escuma e merendola para os nenos.

Todo isto non será posible se non contamos coa vosa axuda e colaboración.

As actividades presentadas son unha proposta totalmente aberta a ser complementada e mellorada por iso queremos contar con vós.

 

Para DESCARGAR a FICHA DE INSCRICIÓN nas Actividades Extraescolares non tedes máis que premer AQUÍ, e imprimir o documento.

*A ficha de inscrición nas actividades cuberta debe depositarse na caixa de correo da ANPA antes do 27 de Setembro.

Podedes DESCARGAR a información sobre horarios e prezos de cada actividade premendo AQUÍ.

Xa tedes esta información e máis no apartado do noso blog adicado a ACTIVIDADES. Tedes aceso por medio do seguinte ENLACE.

 

Convocámosvos  a asemblea ordinaria o día Venres 23 de Setembro as 21:00 horas para aclarar dúbidas no comedor escolar.

Xuntos podemos achegarlle máis á comunidade escolar. Faite socio da ANPA!!

crayons-1445053_1280

Anuncio publicitario

Deixa o teu comentario, grazas!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s