O Concello de Ribadumia vai realizar a charla «Feliz Nadal e. . .¿próspero consumo? Educar nun consumo responsable” impartida pola psicóloga do SPAD de Vilagarcía de Arousa, Ángeles Bravo Pombo, dirixida a nais e pais, e na que a nosa ANPA colabora.
Xa chegan as celebracións de Nadal e Ano novo, e con elas o bombardeo de productos e compras que nos farán máis felices. Se hai un sector comercial que destaca especialmente nestas datas é o dos xoguetes e agasallos para os nenos. Evitar consumir é prácticamente imposible, pero podemos consumir dun xeito máis responsable, sensato, sostíbel e solidario… axudando aos nosos fillos a aprender a discernir entre o que é necesario e o que non.
Sen esquecer o consumo saudable… e que para celebrar non só se pode brindar con alcol. Estas festividades e celebracións están asociadas coa primeira proba de alcol por parte dos nenos/as e o inicio no consumo de alcol dalgúns adolescentes. Reflexionemos sobre como educar nun consumo responsable.
A charla terá lugar o XOVES 24 DE NOVEMBRO ás 20:00 horas no Centro Social de Barrantes.
PREVIA INSCRICIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO OU NOS TELÉFONOS 986719491 OU 986718499.