O pasado luns 19 tivo lugar a Festa Fin de Curso 2016-17. O tempo acompañounos para poder disfrutar dos inchables de auga, as colchonetas, os bailes dos nen@s, e a tan esperada festa da escuma. Co calor que fixo foi de agradecer.
Coa entrada recolléronse alimentos non perecedeiros e productos de hixiene que achegaron os participantes.
Gracias polo voso apoio e a todos os organismos e xente que colaborou con nós esa tarde.