ACTIVIDADES

Estimad@s nais e pais de alumn@s, co inicio do mes de outubro comezan tamén as actividades extraescolares.

A ANPA colaborará e tomará parte activamente durante todo o curso nas iniciativas que se poñan en marcha desde o Colexio fomentando deste xeito a participación das nais e pais na vida escolar e académica dos seus fill@s.

A intención da ANPA é dar continuidade á programación que se levou a cabo o curso pasado, realizando actividades como:

  • Charlas e obradoiros en colaboración cos profesores para @s alumn@s así como a posta en marcha dunha “Escola de Pais” xunto co equipo de orientación do colexio e cos Servizos Sociais do Concello.
  • Venta de Lotería de Nadal para recadar fondos para a ANPA .
  • Participar activamente nas actividades do centro como o magosto, o Entroido e outras celebracións
  • Organización dun grupo para tomar parte na Cabalgata de Reis.
  • Organización dunha excursión de fin de curso ao Camping Paisaxe II en San Vicente e unha festa de fin de curso con colchonetas, festa da escuma e merendola para os nenos.

Todo isto non será posible se non contamos coa vosa axuda e colaboración.

As actividades presentadas son unha proposta totalmente aberta a ser complementada e mellorada por iso queremos contar con vós.

Aquí vos deixamos o calendario cos días, horarios e lugares nos que se desenvolverán.

Queremos agradecervos a acollida da proposta de extraescolares e animarvos a sumarvos ós  grupos.

Estades a tempo. Xuntos somos máis!!!!

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

CRAFT E MANUALIDADES
(16:30a 18:00)

BAILE GALEGO
(18:00 a 19:00)

COCIÑA
(16:00 a 17:00)

PISCINA
17:45 a 18:30
(Grupos por idades e niveis)

BAILE MODERNO
BTROULA
16:00 a 18:00
(dous grupos)

INGLES
(Infantil)
16:00 a 17:00
(primaria)
17:00 a 18:30
( secundaria)
Opcion A
18:30 a 20:30
Opción B
18:30 a 20:00

ZUMBA
16:30 a 17:30
(único grupo)

ROBÓTICA
(18:00 a 20:00)

Craft e Manualidades: levarase a cabo si se completa o grupo. Inicio: Luns, 3 de Outubro.

Lugar: comedor escolar. Prezo: 15€/ nen@/ mes socio/non socio 18€/mes.

Baile Galego: levarase a cabo si se completa o grupo. Inicio: Luns , 3 de Outubro.

Lugar: Ximnasio novo. Prezo: Prezo: 13€/ nen@/ mes socio, non socio 16€/mes.

Cociña: levarase a cabo si se completan o grupo. Inicio: Martes, 4 de Outubro.

Lugar: comedor escolar. Prezo: 15€/ nen@(+3€ de ingredientes) mes socio, non socio 18€/mes (+3 € de ingredientes).

Piscina: levarase a cabo na Piscina Municipal de Cambados. Inicio: Martes, 4 de Outubro.

Prezo anual: 92€/nen@. Realizarase en dous pagos de 46€, un en setembro e outro en xaneiro na conta da ANPA.

Baile Moderno:  levarase a cabo si se completa o grupo. Inicio: Mércores, 5 de Outubro.

Lugar: Novo ximnasio. Clase impartida polo BTroula Club de Baile. Precio 16€/mes socios, 19€/mes non socios.

Inglés: levarase a cabo si se completan grupos. Inicio: Xoves, dia 6 de Outubro.

Prezo según idades infantil 19€/mes socios, 22€/mes non socios; primaria 25€/mes socios, 28€/mes non socios; Secundaria, clases de 2 horas 33€/mes socios 36€/mes non socios; clases de 1:30 horas25€/mes socios, 29€/mes non socios. Lugar: comedor escolar.

Zumba: levarase a cabo si se completa o grupo. Inicio: Venres, 7 de Outubro.

Lugar: novo ximnasio. Prezo: 13€/nen@/ mes socio/non socio 16€/mes, irmáns 22€/mes socios 28€/non socios.

Robótica:. Levarase a cabo se se completa o grupo. Inicio: Venres, 7 de Outubro.

Lugar: Aula de informática da casa da cultura de Ribadumia. Actividade que inclúe impresión 3D, piloto de drones e gravación aérea. Idades de 8 anos en diante. Prezo 46€/mes 2 horas semanais.

 

Para DESCARGAR a FICHA DE INSCRICIÓN nas Actividades Extraescolares non tedes máis que premer AQUÍ, e imprimir o documento.

 

Actividades ANPA do CRA de Ribadumia:

extraescolares-curso-16-17

A nosa ANPA asinou un acordo coa ANPA do CRA de Ribadumia co obxectivo de unificar a oferta de actividades extraescolares e para que @s alumn@s de todol@s centros escolares do Concello, asociados a algunha das dúas ANPAS, poidan participar nas actividades extraescolares que se organizan.

As persoas interesadas en tomar parte nalgunha das actividades organizadas pola ANPA do CRA de Ribadumia, debe poñerse en contacto directamente con Tamara, a persoa encargada das mesmas no Telef. 605506820.

 

Contacto ANPA CPI Julia Becerra Malvar.

E-mail: julia.becerra@nontedurmas.orghttps://anpajuliabecerra.wordpress.com

https://www.facebook.com/pages/ANPA-Julia-Becerra-Malvar/

Teléf.: 665 872 360

Anuncio publicitario