ENTROIDO 2018

Como tódolos anos a Asociación decidiu organizar ás familias para elaborar un grupo de Entroido, cunha temática común: o CÓMIC.

Presentados a diferentes concursos, acadamos os seguintes premios:

_Segundo premio en Meis

_Tercer premio en Cambados

_Premio de grupo en Ribadumia
_Tercer premio en Sanxenxo
A continuación deixámosvos as fotografías da nosa participación.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncio publicitario

CABALGATA DE REIS

Un ano máis a nosa Asociación participou na Cabalgata de Reis que saíu polas rúas de Barrantes e arredores.

É unha boa oportunidade para disfrutar da ilusión dos nenos en familia!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

OBRADOIRO DE NADAL

O pasado mes de Decembro tiveron lugar os Obradoiros de Nadal antes de rematar as clases.

Os nenos e nenas participantes poideron disfrutar de actividades de ocio e manualidades dirixidas as datas de Nadal.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

OBRADOIRO SAMAÍN 2017

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

ASEMBLEA ORDINARIA

A ANPA colaborará e tomará parte activamente durante todo o curso nas iniciativas que se poñan en marcha desde o Colexio fomentando deste xeito a participación das nais e pais na vida escolar e académica dos seus fill@s.

A intención da ANPA é dar continuidade á programación que se levou a cabo o curso pasado, realizando actividades como:

– Venta de Lotería de Nadal para recadar fondos para a ANPA .

– Participar activamente nas actividades do centro como o magosto, o entroido e outras celebracións

– Facer obradoiros cos nen@s con motivo de diferentes festividades Magosto, Samaín, Entroido, Dia do Pai, Dia da Nai…

– Organización dun grupo para tomar parte na Cabalgata de Reis e no Entroido.

– Organización dunha excursión de fin de curso ao Camping Paisaxe II en San Vicente e unha festa de fin de curso con colchonetas, festa da escuma e palomitas e algodón de azucre para os nen@s.

Todo isto non será posible se non contamos coa vosa axuda e colaboración.

As actividades presentadas son unha proposta totalmente aberta a ser complementada e mellorada por iso queremos contar con vós.

Convocámosvos a asemblea ordinaria o día Venres 22 de Setembro as 20:30 horas para aclarar dúbidas no comedor escolar.

Se desexas máis información DESCARGA o documento Pdf facendo click AQUÍ

Xuntos podemos achegarlle máis á comunidade escolar. Faite socio da ANPA!!

colored-pencils-2562077_1920