OBRADOIRO DÍA DA NAI

Un día máis os nosos cativos pasáronno en grande elaborando uns detalliños para Mamá.

Esperamos vos gustasen!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

OBRADOIRO DÍA DO PAI

Esta semana pasada tivo lugar o obradoiro adicado ao día do Pai. Os nenos e nenas desfrutaron realizando tarxetas adicadas e facendo actividades de xogos.

Espero que os pais dos nosos  nenos e nenas se sorprenderan cos seus agasallos no seu día.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO

Facémonos eco da seguinte información publicada hoxe no DOGA que nos parece de interese, publicada pola CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
É a seguinte:
ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.

CONVOCATORIA ASEMBLEA FIN DE CURSO 2014/2015

Estimad@s nais e pais de soci@s da ANPA do CPI Julia Becerra Malvar, convocámosvos á Asemblea Xeral Ordinaria de Fin de Curso.

Para intercambiar impresións e poder ter en conta as diferentes opinións e suxerencias, agardamos contar coa vosa participación porque…..a ANPA somos TOD@S!

Lugar: Ximnasio do Colexio

Día: Venres, 29 de Maio

Hora: 20:30h en primeira convocatoria e 21:00h en segunda

Trataranse os seguintes asuntos dentro da ORDE DO DIA:

  1. Aprobación do Estado de contas
  2. Actuacións levadas a cabo
  3. Cambio do horario escolar para o curso 2015/2016
  4. Renovación de membros da xunta directiva
  5. Excursión de fin de curso

Como se ven facendo tradicionalmente nos últimos anos, levarase a cabo na fin de semana na que rematan as clases (20 e 21 de xuño). A actividade de fin de curso que a ANPA organiza este ano será unha FIN DE SEMANA DE CONVIVENCIA NO CENTRO DE OCIO E TEMPO LIBRE CAMPING PLAYA PAISAXE II (SAN VICENTE DO GROVE) e o programa de actividades será o seguinte:

SÁBADO, 20 DE XUÑO

11.00 h – Hora de chegada. Benvida ó grupo e montaxe das tendas de campaña.

12.30 h – Actividades para @s nen@s na piscina e jacuzzis despois/mentres se montan as tendas.

14.00 h – Comida no comedor do Camping.

16.30 h – Actividades e xogos de pistas, piratas, obradoiros dirixidos, Gran Gymkana…

18.00 h – Merenda

18.30 h – Xogos de grupos e por equipos nas pistas deportivas e piscina

21.00 h – Cea no comedor do Camping.

22.30 h – Gran xogo Nocturno para pais e nen@s. Festa……

DOMINGO 21 DE XUÑO

09.30 h – Almorzo no comedor do Camping.

10.30 h – Nais, pais e nen@s levarán a cabo xogos de Orientación, Rastrexo ou algunha Ruta Natural polo entorno

12.30 h – Actividades e xogos para tod@s  na piscina/praia

14.00 h – Comida no comedor do Camping.

16.30 h – Actividades de lecer como Puzzles, Misión Imposible… e o último gran xogo de despedida da fin de semana no Camping

18.00 h – Merenda

19.00 h – Saída ó longo da tarde.

EXISTEN DÚAS MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN:

1. TODO INCLUÍDO: Aloxamento en tendas de campaña (cada un deberá levar a súa cunha media de 3-4 persoas por tenda + coche), manutención (comida, merenda nen@s e cea do sábado e, almorzo, comida e merenda nen@s do domingo). A electricidade está incluída (ademais da iluminación do camping poderán poñerse focos e/ou enchufar aparellos sen coste).

Prezo:   20€/persoa, maiores e pequenos

(O custo da estancia é de 33€/persoa. 13€ pagaraos a ANPA e 20€ cada participante)

2. SEN PERNOCTA: Incluiría todo o anterior menos a pernocta. As persoas que participen nesta modalidade non estarían aloxadas pero igualmente pasarían ambos días no camping compartindo todas as actividades programadas co grupo.

Prezo: 15€/ persoa, maiores e pequenos

(O prezo real é de 25€/persoa. 10€ pagaraos a ANPA e 15€ cada participante)

As persoas interesadas en participar na FIN DE SEMANA DE CONVIVENCIA NO CENTRO DE OCIO E TEMPO LIBRE CAMPING PLAYA PAISAXE II (SAN VICENTE DO GROVE)  deberán facer o ingreso do importe correspondente no número de conta da ANPA 2080 5014 14 3007050248 de ABANCA e depositar o xustificante bancario do ingreso grampando á ficha de inscrición desta nota na caixa de correo da ANPA  antes do venres 5 de xuño.

DESCARGA AQUÍ A FICHA DE INSCRICIÓN

Queremos despedir o curso compartindo unha fin de semana divertida en familia polo que  agardamos contar con todos vos!!!

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA

A ANPA do CPI Julia Becerra Malvar pon a disposición dos seus soci@s os documentos que a Federación de Asociacións de Nais e País de Alumn@s nos remitíu en relación coas probas de avaliación individualizada.

Esta proba realizarna tod@s @s alumn@s ao finalizar o terceiro curso de Educación Primaria coa que se busca comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación co grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

DESCARGAR AQUÍ O DOCUMENTO  SINATURAS PAIS PARA RECOLLER A ANPA

DESCARGAR AQUÍ O DOCUMENTO SOLICITUDE PAIS PARA ENTREGAR NA SECRETARÍA DO COLEXIO

DESCARGAR AQUÍ O DOCUMENTO SOLICITUDE Á DIRECCIÓN (ANPA)