Un ano máis a nosa Asociación participou na Cabalgata de Reis que saíu polas rúas de Barrantes e arredores.
É unha boa oportunidade para disfrutar da ilusión dos nenos en familia!
Un ano máis a nosa Asociación participou na Cabalgata de Reis que saíu polas rúas de Barrantes e arredores.
É unha boa oportunidade para disfrutar da ilusión dos nenos en familia!
A ANPA colaborará e tomará parte activamente durante todo o curso nas iniciativas que se poñan en marcha desde o Colexio fomentando deste xeito a participación das nais e pais na vida escolar e académica dos seus fill@s.
A intención da ANPA é dar continuidade á programación que se levou a cabo o curso pasado, realizando actividades como:
– Venta de Lotería de Nadal para recadar fondos para a ANPA .
– Participar activamente nas actividades do centro como o magosto, o entroido e outras celebracións
– Facer obradoiros cos nen@s con motivo de diferentes festividades Magosto, Samaín, Entroido, Dia do Pai, Dia da Nai…
– Organización dun grupo para tomar parte na Cabalgata de Reis e no Entroido.
– Organización dunha excursión de fin de curso ao Camping Paisaxe II en San Vicente e unha festa de fin de curso con colchonetas, festa da escuma e palomitas e algodón de azucre para os nen@s.
Todo isto non será posible se non contamos coa vosa axuda e colaboración.
As actividades presentadas son unha proposta totalmente aberta a ser complementada e mellorada por iso queremos contar con vós.
Convocámosvos a asemblea ordinaria o día Venres 22 de Setembro as 20:30 horas para aclarar dúbidas no comedor escolar.
Se desexas máis información DESCARGA o documento Pdf facendo click AQUÍ
Xuntos podemos achegarlle máis á comunidade escolar. Faite socio da ANPA!!
Rematamos o curso cun fin de semana diferente e en familia. Gracias a todos por vir e compartir esta experiencia cos nenos. Estos son os grandes momentos que nunca olvidan.
Xornada familiar para festexar o fin de curso…
Vémonos en Setembro coas pilas cargadas!!!