NADAL NA FAMILIA

Estimad@s nais e pais de soci@s, tal e como tiñamos previsto estamos organizando as actividades que se van a levar a cabo durante as vacacións de Nadal para os soci@s da ANPA.

Desde a ANPA queremos fomentar a convivencia entre nais, pais e fill@s por iso estas actividades están pensadas para que participemos tod@s durante as vacacións. Serán as seguintes:

  • Clases de baile e animación: Ensaiaremos as coreografías coas que tomaremos parte no concurso de carrozas da Cabalgata de Reis.
  • Talleres para elaboración de disfraces: Elaboraremos nós mesmos os disfraces que luciremos no concurso de carrozas da Cabalgata de Reis.
  • Prazo de inscrición: Ata o 12 de decembro (As solicitudes de participación deberán depositarse cubertas no buzón da ANPA)
  • Reunión de organización e entrega de camisetas @s socia@s da ANPA: Venres 12 de decembro ás 21:00h no Comedor Escolar
  • Clases de baile e animación: Sábados 20 e 27 de decembro e 3 de xaneiro de 11:00 a 12:30h
  • Talleres de elaboración de disfraces: Días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro de 11:00 a 12:30h
  • Cabalgata de Reis: Luns 5 de xaneiro

PREZO: 25€ por nen@

(Inclúe a participación nos 9 días de actividades/talleres. O material preciso para a elaboración dos disfraces correrá a cargo da ANPA). As actividades serán gratuítas para @s nais e pais.

A qué esperas… descarga a túa solicitude das actividades NADAL NA FAMILIA facendo click AQUÍ.

Precisamos a axuda e colaboración de nais e pais voluntarios para a elaboración da carroza coa que tomaremos parte no concurso da Cabalgata de Reis.

A ANPA somos todos!!!

navidad

 ¡¡¡¡¡DESEXÁMOSVOS MOI BOAS FESTAS!!!!!!

Anuncio publicitario

CAMISETAS E CHÁNDAL DE INFANTIL

Estimad@s nais e pais de alumn@s de infantil, esta, informámosvos de que xa están dispoñibles na Mercería ALBA de Barrantes o seguinte equipamento escolar, para que poidades facer as vosas reservas:
1. Tallaxe completa das CAMISETAS do chandal do uniforme
NIÑO CAMISETA
2. Tallas 2, 3 e 4 do novo modelo de CHÁNDAL de Infantil
IMG-20140930-WA0000
Para @s soci@s, tendes ata o día 10 de novembro para pasar a reservar a vosa camiseta (a que vos regala a ANPA por ser soci@s). Deste xeito aseguraremonos de que cada un poida ter a talla que millor lle vai.
Nos vindeiros días chegarán as primeiras encargas dos chandal de Infantil. Manteremosvos informad@s !!!
ANPA Julia Becerra Malvar

CHÁNDAL PARA INFANTIL

Estimad@s nais e pais de alumn@s de infantil, comunicámosvos que tendo en conta a demanda que nos trasladastes moitos de vós, facéndonos saber que a talla máis pequena do chándal do uniforme escolar (T.4) que se está a comercializar resulta grande para moit@s d@s rapaces/zas. É por iso que tentamos buscarlle unha solución propoñendo facer un novo modelo de chándal de algodón para @s alumn@s de infantil. Sería un chandal de algodón formado por pantalón e sudadeira, nas tallas da 2 á 5.

IMG-20140930-WA0000

Na reunión da ANPA mantida o pasado venres acordouse que fosen as nais e país de infantil @s que votaran si lles interesaba que este modelo de chándal se fabricase. Por isto, agradecemos de antemán a vosa colaboración facéndonos saber a vosa opinión sobre si queredes que se faga o modelo indicado ou non. Tedes de prazo para comunicalo ata o venres 3 de outubro (incluído).

O modelo proposto estará exposto no centro para que poidades velo nos próximos días.

ANPA Julia Becerra Malvar