MENÚ DE FEBREIRO NO COMEDOR ESCOLAR*
Seguindo o cumprimento da normativa vixente con entrada en vigor o pasado decembro do 2014, publicamos as indicacións correspondentes aos alérxenos no menú basal.
IMPORTANTE: A recollida dos alumnos e alumnas que quedan a xantar no comedor escolar deberá facerse a pé. Isto é debido a que a cancela do centro escolar permanecerá pechada, impedindo o acceso de vehículos ao patio exterior. Grazas pola vosa colaboración.
Os socios beneficiaranse das achegas que desde as diferentes administracións públicas se lles conceden ás ANPAS que xestionan os comedores escolares.
• Prezo do comedor escolar para socios da ANPA: Prezo do Catering menos o importe proporcional correspondente á/ás subvención/s que se reciban.
• Prezo do comedor escolar para os NON socios da ANPA: Prezo integro do Catering
Existen axudas á xestión dos comedores escolares por parte da Xunta de Galicia e dos concellos porque existen asociacións de nais e pais de Alumn@s que os xestionan. Solicitar as subvencións, contratar e supervisar a empresa que presta o servizo de catering ou tramitar o pagamento das súas facturas ante o Concello son algunhas das xestións que fai a ANPA.