“Eu son socio da ANPA, ¿e ti?”
Este curso nas actividades e iniciativas organizadas e promovidas pola ANPA poderán participar unicamente os socios da ANPA.
Levarase a cabo unha campaña de captación de socios para que ata o 15 de outubro todas as nais e pais interesad@s poidan facer o ingreso da cota anual no número de conta 2080 5014 14 3007050248 de ABANCA.
O xustificante bancario do ingreso deberá depositarse grampando á parte recortable deste folleto informativo na caixa de correo da ANPA.
O importe da cota da ANPA para o curso 2014–2015 será progresivo:
– 1 fillo no centro: 20 €
– 2 fillos no centro: 25 €
– 3 fillos no centro: 30 €
¿Por que pertencer á ANPA?
Porque todo son beneficios. Formando parte da ANPA do Colexio os teus fill@s:
1. Contarán cun SEGURO DE ACCIDENTES
O seguro escolar obrigatorio da cobertura ós escolares desde 3º da ESO ata estudos de postgrao (ata que cumpre os 28 años) e sempre se paga xunto coa matrícula.
Para os alumn@s de Infantil e Primaria o seguro escolar de accidentes é voluntario e por este motivo son as ANPAS as que optan por contratar este servizo.
Todos os alumnos teñen o servizo sanitario cuberto pola Seguridade Social pero a contratación dun seguro voluntario considérase necesario porque as coberturas económicas poden resultar reducidas e insuficientes para determinadas continxencias.
O seguro voluntario ten por obxecto resolver o problema que pode supoñer para os rapaces/zas, nos sinistros por infortunio, permitindo que os afectad@ poidan continuar cos seus estudos no mesmo centro e solucionar situacións familiares de vital importancia.
COBERTURAS:
– Gastos de atención dental para restaurar danos sufridos en accidente: 1.200 €
– Rotura de gafas a consecuencia de sinistro: 150€ (franquicia de 75 €)
– Asistencia sanitaria Ilimitada en caso de accidente
– Falecemento accidental: 6.000 €
– Invalidez permanente ou parcial por accidente: 6.000 €
– Falecemento por infarto: 6.000 €
– Gastos de sepelio: 1.500 €
OBSERVACIÓNS:
Os nen@s estarán cubertos nas instalacións do Colexio (aulas, comedor, ximnasio e pavillón) en horario escolar, de comedor e de actividades extraescolares.
Tamén estarán cubertos nas excursións e saídas do Colexio que estean programadas pola dirección do centro e/ou pola ANPA (incluídas: excursións, convivencias externas, campamentos, paseos, visitas, etc.) sempre que as actividades que se desenvolvan estean baixo observación de profesores, titores ou outros responsables.
2. Beneficiaranse das achegas que desde as diferentes administracións públicas se lles conceden ás ANPAS que xestionan os COMEDORES ESCOLARES.
• Prezo do comedor escolar para socios da ANPA: Prezo do Catering menos o importe proporcional correspondente á/ás subvención/s que se reciban.
• Prezo do comedor escolar para os NON socios da ANPA: Prezo integro do Catering
Existen axudas á xestión dos comedores escolares por parte da Xunta de Galicia e dos concellos porque existen asociacións de nais e pais de Alumn@s que os xestionan. Solicitar as subvencións, contratar e supervisar a empresa que presta o servizo de catering ou tramitar o pagamento das súas facturas ante o Concello son algunhas das xestións que fai a ANPA.
3. Regalaraselle a cada soci@ unha CAMISETA do equipamento deportivo do uniforme escolar.
Xa que a iniciativa de introducir o uso voluntario do uniforme escolar no Colexio partiu da ANPA, este comezo de curso queremos animar ós rapaces a usalo.
4. Poderán participar en todas as ACTIVIDADES que se organicen e poñan en marcha desde a ANPA.
A ANPA colaborará e tomará parte activamente durante todo o curso nas iniciativas que se poñan en marcha desde o Colexio fomentando deste xeito a participación das nais e pais na vida escolar e académica dos seus fill@s. As actividades presentadas son unha proposta totalmente aberta a ser complementada e mellorada por iso queremos contar con vós.
Para DESCARGAR a FICHA DE INSCRICIÓN para ser soci@ da ANPA, non tedes máis que premer AQUÍ, e imprimir o documento.
Xuntos podemos achegarlle máis á comunidade escolar. ¡¡Faite socio da ANPA!!
Contacto ANPA CPI Julia Becerra Malvar.
E-mail: julia.becerra@nontedurmas.org – https://anpajuliabecerra.wordpress.com
https://www.facebook.com/pages/ANPA-Julia-Becerra-Malvar/
Teléf.: 665 872 360