Recentemente saíron publicadas varias ordes da Consellería de Política Social que poden ser de interese para familias e nenos e nenas do centro. Adxuntamos con cada unha o enlace para a descarga do documento oficial onde atoparedes toda a información de cada convocatoria.
ORDE do 1 de abril de 2016 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2016 e se procede á súa convocatoria.
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo, agosto e setembro. Solicitantes: Os/as nacidos/as no ano 1998 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento, e os/as nacidos/as no ano 2007 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.
DESCARGA O DOCUMENTO AQUÍ: Anuncio ORDE do 1 de abril
ORDE do 4 de abril de 2016 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería para o ano 2016.
A Consellería de Política Social dispón de dous centros destinados ao desfrute do lecer das familias, as residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño, ás que se lles quere dar un fondo contido social e posibilitar o acceso de familias a un período vacacional nas residencias de tempo libre de Galicia.
DESCARGA O DOCUMENTO AQUÍ: Anuncio ORDE do 4 de abril