EDUCACIÓN CON ANIMAIS

Informámosvos dun obradoiro que terá lugar na sede da Nova Escola Galega no Milladoiro o vindeiro sábado 11 de xuño.

Baixo o título ¿Os cans como recurso educativo?, a especialista en conduta animal María Sabell impartirá un curso no que se traballarán os seguintes contidos:

– As actividades con cans como ferramenta de inclusión e integración social: propostas no ámbito das necesidades educativas especiais, diversidade funcional, física e intelectual, altas capacidades…

– Linguaxe de interacción para a cohesión da manda.

– Aplicación práctica para ciencias e actividades da natureza.

– Recursos de comunicación non verbal no ámbito da linguaxe.

– Formulacións prácticas aplicables á educación en valores e á convivencia escolar.

Destinatari@s: profesorado, pais/nais, persoas que traballen con grupos, educadores/as sociais e calquera outra persoa interesada.

A actividade desenvolverase en horario de 11 a 14h (sesión teórica) e de 16:30 a 19:30h (en exterior, sesión práctica)

Toda a información aquí e no cartel que incluímos.

cartel_obradoiromariasabellbaixa

 

Anuncio publicitario

Deixa o teu comentario, grazas!

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s